A Deputación achegará recursos para as mulleres que padecen violencia machista na Coruña

A Deputación apoia os recursos para as mulleres en situación de violencia machista da Coruña

A Área de Igualdade da Deputación da Coruña financia con 120.926,27€ o mantemento da casa de acollida e dous pisos para mulleres que padecen violencia machista no Concello da Coruña, un 28,61% do total do seu orzamento que ascende a 422.674,43 euros. Por medio do convenio que asinarán Deputación e Concello financiaranse os tres recursos para mulleres a través dun acordo que contempla o mantemento do persoal adscrito ao que se poderá engadir os gastos relativos a actividades, servizos profesionais, ludotecas ou servizos de conciliación.

O acordo recollerá tamén o compromiso da Deputación de achegar formación profesional para o persoal dos recursos de forma anual. Tanto a casa de acollida e os dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma do Concello da Coruña son recursos especializados residenciais e temporais que ofrece acollemento, atención e recuperación ás mulleres que sofren violencia de xénero e ás e aos menores ao seu cargo ou persoas que delas dependan, que requiren un espazo de protección debido á situación de indefensión ou risco causada pola violencia de xénero. Tanto as tres vivendas da Coruña como as de Culleredo e Ferrol forman parte da Rede de Acollemento para Mulleres en Situación de violencia de Xénero (PRAM) da Deputación da Coruña.

“A Deputación da Coruña quere, a través da Área de Igualdade, contribuír con recursos eficaces e acaídos a acompañar ás mulleres que loitan por saír de situacións de violencia machista, en momentos cruciais nos que se teñen que sentir seguras e para os que é preciso responder desde as institucións”, sinala a deputada de Igualdade, María Muíño. Ademais destaca o traballo que desenvolve a Deputación no apoio de programas contra a violencia machista que organizan distintas entidades e outra serie de iniciativas encamiñadas á concienciación de maneira especial da xente nova con programas en centros de ensino e concellos.

A máis ocupada
“Está claro que as mulleres que sofren esta situación e queren fuxir dela ou denuncian ao seu maltratador, teñen que atopar un fogar no que sentirse arroupadas e seguras, por iso para nós este apoio é fundamental para facerlle fronte ao feminicidio”, sinala María Muíño.

O pasado ano a media de ocupación da casa da Coruña foi do 82,5%. En total, en 2019 residiron nos tres recursos 70 persoas, das que 39 eran mulleres e 31 menores ao seu cargo. Gabinete de Prensa Deputación da Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s