Vinte positivos e catro aulas pechadas: o balance da COVID-19 ata agora no ensino coruñés

C.E.I.P. Juan Fernández Latorre en A Coruña

A Xunta fixo públicos esta mañá datos actualizados sobre a situación da COVID-19 nas escolas infantís e aos centros educativos da cidade. Nesta información recóllese que son tres os positivos detectados en escolas infantís (dous na E.I. Kid’s Garden e un na E.I. Mariñas) e dezasete no resto de centros de ensino non universitario.

Concretamente, hai tres casos no CEIP Fernández Latorre (onde hai unha aula pechada), e dous no CEIP Ramón de la Sagra e no IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (no primeiro dos cales hai, ademais, dúas aulas pechadas). Hai un único caso detectado en centros como o CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida, CEIP de Zalaeta, CEIP Plurilingüe Maria Barbeito e Cervino, CPR Plurilingüe Cristo Rey, CEIP Alborada, CPR Obradoiro, CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, IES Agra de Orzán, CPR Plurilingüe Salesianos San Juan Bosco e CEIP Rosalía de Castro. Hai unha aula pechada neste último centro.

Polo momento, a Xunta non pechou por completo ningún centro de ensino.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s