Vueling solicita a suspensión temporal do contrato de Alvedro

O concelleiro de Turismo, Relacións Institucionais e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, compareceu na Comisión Informativa de Promoción Económica, Comercio e Turismo, para aclarar as dúbidas existentes sobre a situación actual coas compañías aéreas que operan desde Alvedro.

Un informe independente servirá para avaliar a situación actual do aeroporto, comparativamente con outros aeródromos nacionais.

O concelleiro sinalou que “nunca houbo contrato con Volotea” e que “o contrato que existe con Vueling será analizado na próxima Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo”. Ademais, Borrego asegurou que “quen queira facer política contra Alvedro, equivócase”.

O edil compareceu nesta reunión municipal co fin de informar sobre o único punto da orde do día da sesión, que trataba sobre as xestións realizadas polo Goberno municipal ante a situación do descenso de operacións e redución de frecuencias de voos no aeródromo coruñés. Borrego compartiu coas concelleiras e concelleiros asistentes á devandita comisión os contactos permanentes mantidos cos distintos axentes implicados: compañías aéreas, comité de empresa do aeródromo, plataforma Vuela Más Alto, etc. e detallou o que cualificou como “vixilancia permanente” da evolución da situación actual.

Tamén se referiu ao informe solicitado polo Consorcio de Turismo a unha entidade independente coa finalidade de solicitar datos obxectivos sobre os que poder avaliar se a situación de Alvedro se corresponde coa actual situación do sector da navegación aérea a nivel global ou obedece a outras causas de carácter endóxeno, en aras a evitar que a actual situación de pandemia puidese provocar un efecto de “aproveitamento sobrevindo” que puidese afectar dalgunha a maneira ás posibilidades de futuro do aeródromo.

Borrego tamén aclarou que actualmente existe unha solicitude de suspensión temporal do contrato por parte da compañía Vueling, que se someterá a debate na próxima Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo da Coruña, que terá lugar previsiblemente o día 29 de setembro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s