A Cámara de Comercio reclama que se cumpran os prazos do AVE a Galicia

A Cámara de Comercio da Coruña lembrou hoxe ao Goberno español “a necesidade de asegurar o cumprimento dos prazos comprometidos para a finalización das obras da AVE a Galicia e a súa posta en servizo”. Fixérono, explican, “conscientes da importancia que a entrada en funcionamento da AVE a Galicia ten para permitir unha competitividade plena do noso territorio e as nosas empresas”.

A Cámara considera esta infraestrutura “estratéxica para achegar Galicia a Madrid e contribuír así a un necesario equilibrio territorial”. Pensan que ofrecería “unha mellora nos servizos á comunidade, especialmente ao empresariado, que redundarán no impulso á recuperación económica” que a Coruña e Galicia necesitan “agora máis ca nunca”.

O atraso respecto doutros territorios supón para a Cámara “unha desvantaxe competitiva que representa freo ao desenvolvemento da nosa comunidade”. Por iso solicitan o cumprimento do último compromiso anunciado polo Ministerio de Fomento, “que anunciaba a finalización das obras no mes de xuño de 2021”, recordan.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s