Cinco novos positivos no ensino na cidade

Son vinte e cinco os casos positivos da COVID-19 dos que informou esta mañá a Xunta de Galicia, o que supón cinco máis ca onte. Con esta cifra remata a primeira semana coa educación a pleno rendemento na Coruña, logo da apertura do curso en secundaria e bacharelato. Nas escolas infantís non se detectaron novos casos logo dos tres que se coñecían onte (dous na E.I. Kid’s Garden e outro na E.I. Mariñas). No resto de niveis de ensino non universitario hai 22 casos.

O IES Eusebio da Guarda suma un caso ata situarse en tres, os mesmos que xa tiña o CEIP Fernández Latorre (onde se mantén unha aula pechada). O CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida suma un novo caso e sitúase en dous, ao igual que o CEIP Ramón de la Sagra (que pecha dúas aulas), os mesmos casos que o CPR Afundación, que non tiña ningún positivo detectado onte.

Pola súa banda, consta un único caso de coronavirus detectado no CEIP de Zalaeta, no CEIP Plurilingüe Maria Barbeito e Cervino, no CPR Plurilingüe Cristo Rey, no CEIP Alborada, no CEIP Plurilingüe Concepción Arenal, no CPR Obradoiro, no CIFP Anxel Casal- Monte Alto, no IES Agra do Orzán, no CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco e no CEIP Rosalía de Castro.

Na área sanitaria da Coruña hai hoxe 1.109 casos activos, fronte aos 1.113 de onte. En Galicia pásanse de 4.461 a 4.452.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s