O PP pide cárcere para quen incite á okupación

O Partido Popular rearma o seu discurso contra o fenómeno da okupación ilegal e faino nun dos puntos afectados máis recentemente polo fenómeno na cidade, Palavea, traendo artillería dende Madrid. A deputada no Congreso Tristana Moraleja, o senador Miguel Lorenzo e o portavoz municipal Roberto Rodríguez presentaron esta mañá a campaña de recollida de firmas que se efectuará a través de todas as sedes do partido por toda a provincia e no popular sitio web change.org para loitar contra este fenómeno ante o que botan en falta “unha resposta firme”.

Tristana Moraleja explicou que o documento pide o apoio cidadán para que se poida desaloxar aos okupas en 12 horas, que se castigue a okupación con violencia con ata tres anos de prisión, e con ata un ano a incitación á okupación. De igual maneira, intentarán prohibir que os okupas poidan empadroarse en vivendas ocupadas ilegalmente. Os populares acusaron ao Goberno central de pórse “de lado dos asaltantes” no canto de “ao lado das familias e os veciños”.

Pola súa banda, o portavoz municipal en María Pita, Roberto Rodríguez, anunciou que o Grupo Popular presentará unha moción sobre o tema no pleno do próximo 1 de outubro, como fará en todos os concellos onde ten representación en España.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s