A área sanitaria baixa dos 1000 positivos por COVID-19

Preview Chart

A área sanitaria da Coruña volve a cifras de mediados do mes de agosto no relativo á expansión da COVID-19. O descenso a 999 casos activos, dende os 1148 de hai unha semana, sitúa a epidemia nas súas cifras de menor incidencia desde o día 20 de agosto, onde se rexistraban 960 casos. Desde a segunda semana do mes de setembro a COVID-19 parece estar en remisión. Porén, segue a ser a área máis afectada da comunidade e concentra case un cuarto dos casos. Son datos extraídos dos informes diarios da Xunta sobre a situación sanitaria no conxunto de Galicia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou hoxe de que hai 4.353 casos activos de coronavirus en Galicia. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.111 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.534 persoas curadas, rexistrándose 731 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 61 anos, que estaba ingresado no HULA, e presentaba patoloxías previas.
Galicia achégase ao medio millón de PCR realizadas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s