CUAC FM asómase ao cuarto de século

A Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM 103.4 comeza o xoves 1 de outubro a súa 25ª tempada Radiofónica. A pandemia de COVID-19 déixase sentir e obrigará a esta emisora do Campus da Zapateira a combinar as emisións presenciais no Estudio José Couso con outras dende as casas. No segundo caso, faranse por medio dun sistema de videoconferencia e control remoto da mesa de misturas daqueles programas con equipos de locución e técnicos que superen as catro persoas.

A programación en directo comeza con trinta e catro realizados por socias e socios de CUAC de todas as idades e, coma sempre, a variedade de temáticas é a marca diferencial de CUAC FM. Dende a música heavy e rock ata programas de activismo social, series de TV, literatura, ciencia coas mulleres como protagonistas, cultura, entrevistas…

Á súa vez, continúan programas xa consolidados como os de entidades como Padre Rubinos e Alexandre Bóveda. Tamén se segue a contar con programas externos como Carne Cruda, Ábrete de orellas, La Cafetera… que ofrecen un plus ás oíntes de CUAC FM no 103.4 do dial coruñés, así como no streaming cuacfm.org/directo e tamén na APP gratuita CUAC FM. Todos os programas están dispoñibles en formato podcast na web da emisora escasos segundos despois de ter finalizada a emisión en directo.

Nova xunta directiva
Nova tempada e nova directiva. O pasado sábado 26 a Asociación celebrou a primeira Asemblea con formato virtual, ante a imposibilidade de xuntar nun único espazo a máis dun centenar de persoas.  Na mesma foi elixida por unanimidade unha nova xunta directiva da asociación cultural CUAC que é a propietaria da emisora. Esta directiva estará presidida por Paula Alonso do programa Heima, e complétase con Miguel Anxo Facal, Roberto Ansede (ex-presidente), Chus Abeledo, Concha Maneiro, Gabriela Frías e Brais Fernández.

Con estes nomeamentos, a emisora dótase dun equipo que, coa colaboración das persoas involucradas nas diversas coordinadoras da asociación, terá que organizar a celebración en 2021 do vinte e cinco aniversario de CUAC FM.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s