Suspendido temporalmente o contrato con Vueling

Vista de satélite do aeroporto de Alvedro

O contrato con Vueling en Alvedro suspéndese polo menos ata marzo do ano que vén, quedando o seu restablecemento sometido á situación sanitaria de entón. A decisión tomouna hoxe a Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo, cun acordo que deixa en suspenso a aportación económica ata o 28 marzo de 2021, en que finaliza a tempada de inverno en aviación. Isto supón que a partida destinada de 1,8 millones de euros para sufragar este contrato se destinará a paliar as consecuencias da crise. “Esta é a única opción viable para manter as liñas o ano que vén”, declara o presidente da Xunta de Goberno do Consorcio, Juan Ignacio Borrego, quen seguirá negociando coa compañía o restablecemento dos destinos posibles en función da evolución da pandemia co obxectivo de retomar a conectividade previa a marzo de 2020.

Tanto a Cámara de Comercio como o Goberno local votaron a favor de suspendelo temporalmente alegando que os informes técnicos evidencian unha forza maior que impide que a empresa o cumpra nas condicións actuais. Haberá unha prórroga prevista por un período equivalente ao que dure esta suspensión adoptada. Aínda así, poderá ampliarse tres meses máis como máximo (ata maio), e sen prexuízo das modificacións que a realidade impuxer e que son “impresivibles” para ambas as partes no momento actual.

Neste aspecto, o Consorcio de Turismo facultou o seu presidente en xullo para negociar a proposta de Vueling en que solicitaba a modificación do contrato reducindo o importe inicial da licitación nun 50%, negociación que nunca se chegou a iniciar porque inmediatamente a compañía pediu a súa suspensión temporal que hoxe se resolveu.

Ademais, Turismo sacará a concurso nas vindeiras semanas a ruta a Bilbao co obxectivo de que en 2021 se garanta esta conexión desde A Coruña.

Críticas do PP
O Partido Popular anunciou inmediatamente que presentará unha pregunta oral no Pleno sobre Alvedro, considerando que o Goberno local empurra o aeroporto “ao peche” ante esta suspensión e logo de “ter permitido a marcha de Volotea”. A representante dos populares no Conscorcio, Nazareth Cendán, opúxose á suspensión porque deixa ao aeroporto sen voos da compañía durante polo menos medio ano. Consideran que a decisión “sen garantías de regreso” afectará aos 700 traballadores directos e indirectos do aeroporto e aos destinos de Alvedro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s