Corenta e tres positivos e catro aulas pechadas no ensino

Os positivos por COVID-19 seguen medrando no ensino coruñés. Se a semana pasada rematou con 25 casos no ensino en toda a cidade, este mércores a Xunta informa dun total de 43. Actualmente mantéñense pechadas catro aulas na cidade (dúas no CEIP Ramón de la Sagra, unha no Rosalía de Castro e outra no Juan Fernández Latorre).

A maior parte dos casos concéntranse nunha decena de centros. O centro máis afectado na cidade é o CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha, con seis casos. Ségueo o CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida con catro. O CEIP Juan Fernández Latorre e CPR Sagrado Corazón teñen tres cada un. Pola súa banda, a E.I. Kid’ds Garden, o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, o IES Plurilingüe Adormideras, o CPR Afundación e o CEIP Ramón de la Sagra teñen dous casos cada un.

Entre os centros que só rexistran un caso están a E.I. Mariñas, o IES Urbano Lugrís, a EOI da Coruña, o CEIP Eusebio da Guarda, o CEIP Sagrada Familia, o CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cervino, o CPR Plurilingüe Cristo Rey, o CEIP Alborada, o CPR Obradoiro, o CIFP Imaxe e Son, o IES Ramón Menéndez Pidal, o CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco e o CEIP Rosalía de Castro.

A área sanitaria ten hoxe 975 casos rexistrados, baixando dous dende onte. En Galicia hai 4.251 persoas infectadas con COVID-19.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s