A Fundación María José Jove adapta as visitas escolares á realidade da COVID-19

A Fundación María José Jove redeseñou na súa totalidade a programación de visitas didácticas á súa Colección de Arte ante a realidade da situación ocasionada pola COVID-19. En concreto, e coa máxima de continuar achegando a arte aos escolares, a entidade ofrece para o curso 2020-21 diferentes propostas axustadas á “nova normalidade”: a Visita Compartida, a Colección vai ao Cole ou Visitas Presenciais. Trátase de actividades todas elas gratuítas, nas que os contidos se adaptan ás etapas educativas, desde Infantil a Bacharelato e a Educación Especial, e cumprindo os protocolos de prevención.

Na ‘Visita Compartida’, nunha aposta pola interacción e retroalimentación entre institucións, ofértase unha modalidade de visita que se comeza nun museo e que se completa noutro e que teñen unha temática e guión comúns, adaptada sempre a cada idade. Esta opción facilita que os escolares poidan realizar visitas presenciais dividindo as clases en dous grupos. En concreto, ofreceranse visitas coa Fundación Luís Seoane, a Casa Museo Emilia Pardo Bazán e o Museo de Belas Artes.

A Colección ‘FMJJ vai ao cole’ ten dúas modalidades: en liña e taller no centro educativo. No primeiro caso, trátase de visitas e actividades online como opción aos centros que teñan dificultade á hora de desprazarse até o museo. Mediante streaming ou videoconferencia, a Fundación “trasladará” a súa sala de exposición permanente ás aulas e exporá aos alumnos “desafíos” para levar a cabo nas horas de plástica do colexio. No segundo caso, a Fundación ofrece a opción de desenvolver un taller no propio centro educativo impartido por monitorado da Fundación.

Por último, coas ‘Visitas para grupos reducidos’, manteranse as visitas dinamizadas e á carta para grupos reducidos para facilitar a interacción fronte ás obras de arte.

Integrada por máis de 600 obras, a Colección de Arte Fundación María José Jove é unha das coleccións privadas máis importantes de España. A Colección dispón ademais dunha APP de realidade aumentada que permite interactuar con 75 obras dos séculos XIX, XX e XXI. Totalmente gratuíta e dispoñible en Android e IOS (Arte Fundación María José Jove), pode utilizarse tanto desde a propia sala de exposicións como desde casa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s