Aberto o prazo de axudas para contratación da xuventude da Cámara

La Cámara de Comercio de A Coruña y SATELIUN organizan el 16 de junio una  jornada didáctica | SATELIUN

A Cámara da Coruña abriu o prazo de solicitude de axudas á contratación dos mozos, menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e no programa PICE de Garantía Xuvenil da Cámara da Coruña, que se atopen en procura activa de emprego. Trátase dunhas axudas destinadas a fomentar a creación de emprego deste colectivo. A entidade cameral conta este ano cun orzamento de 200.000 euros e as empresas que contraten a mozas que cumpran os criterios establecidos optarán a unha axuda de 4.950.

Os solicitantes deberán ter o centro de traballo na demarcación da Cámara de Comercio da Coruña e os contratos que oferten deberán ser indefinidos, temporais, en prácticas ou para a formación e a aprendizaxe. Non serán subvencionables os contratos para aquelas empresas nas que se declarou algún despedimento como improcedente no últimos seis meses, nin os formalizados con persoas que tivesen relación laboral coa persoa beneficiaria ou empresa vinculada no seis meses anteriores ao da formalización do contrato presentado. Ademais, en todos os casos deberase garantir o emprego por un mínimo de seis primeiros meses, a contar desde a firma do contrato, sempre de xornada completa.

As solicitudes de axuda tramitaranse por orde de entrada, previa comprobación do cumprimento dos requisitos xerais e específicos da convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes concluirá o día 30 de decembro ou cando se esgote a dispoñibilidade orzamentaria.

Programa PICE
O Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) é un dos instrumentos que articulan en España o Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 do Fondo Social Europeo para apoiar a redución da taxa de desemprego entre os mozos, mellorando a súa cualificación e empregabilidade e promovendo o autoemprego.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s