A Coruña lembrará a pardo bazán no centenario da súa morte

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá co presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, para abordaren, entre outras cuestións, a celebración do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, que, segundo a rexedora, se anunciará cando estea pechada a programación e coa que “esperamos que non só a desfrute a veciñanza da Coruña, senón que veña xente de fóra coñecela”.

Rey apuntou que o encontro forma parte da relación cordial e de colaboración que o concello mantén coa RAG, que “é unha institución imprescindible para a efeméride que terá lugar en 2021”. A alcaldesa asegurou que o concello traballará para que a cidade estea á altura da intelectual nun ano en que agardan poder levar a cabo todo o que se está organizando para pór en valor a figura e mais a obra da coruñesa, pioneira do feminismo. Deste xeito, Rey recordou que haberá múltiples formas de se achegar a unha autora tan prolífica que se adiantou aos tempos con consignas que hoxe seguen tendo vixencia na loita polos nosos principios.

Pola súa parte, Freixanes indicou que a academia se sente historicamente vencellada e apoiada polo concello e que o 2021 ten que promover toda a  significación do personaxe e da cidade. O responsable da institución lembrou que na primeira planta da sede da RAG descansa o arquivo histórico máis importante de Pardo Bazán, “consultado por investigadoras/es de todo o mundo” e engadiu que, para a entidade, Pardo Bazán non só é unha figura importante na historia da cultura de Galicia, senón na historia da propia RAG, xa que en 1905 foi a primeira presidenta de honra.

Ademais, sinalou que tanto Marilar Aleixandre como Isabel Boullón están traballando na exposición que se inaugurará na Biblioteca Nacional de Madrid e que virá seguidamente ao Quiosco Afonso, 350 metros cadrados de mostra en que unha parte importante pertence a fondos cedidos pola RAG. Do mesmo xeito, estase organizando un congreso e a edición de varias publicacións para que “a cidade sexa a capital desa parte da literatura universal que representa dona Emilia”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s