A AAVV de Novo Mesoiro ve “indignante” a situación do CEIP

A Coruña: El Anpa de Novo Mesoiro denuncia que hay aulas vacías cuando son  necesarios desdobles en tiempos de Covid | Radio Coruña | Cadena SER

A Asociación Veciñal de Novo Mesoiro vén de cualificar de indignante a situación do CEIP do barrio e demanda da Xunta solucións inmediatas a todos os problemas detectados tras a inauguración do centro de ensino.

Segundo o colectivo veciñal, “o comezo do curso escolar neste centro recentemente inaugurado foi de todo menos normal e impropio para un centro educativo”. Neste sentido lembran que “a obra, mesmo a día de hoxe, non foi entregada ao Concello da Coruña, o que provoca que aínda non pase a formar parte das instalacións que deben ser dotadas polas áreas correspondentes da Administración Local, como por exemplo a asignación do persoal do cadro de bedeis, carecendo na actualidade do propio”. “Por outra banda, continúan, este pasado luns, despois de máis dun mes desde o comezo da actividade do curso escolar, comezou a funcionar a liña telefónica e a conexión a internet, o que provocaba que calquera comunicación que se quixera facer aos pais ou a nais era imposíbel. Tamén hai que engadir que múltiples equipamentos non foron debidamente dotados, como o parque interior infantil, con xogos doados por unha empresa privada, ou infraestruturas propias das aulas, ou mesmo a aula de informática, que, ademais de non ter o servizo até este pasado luns, non conta co máximo de ordenadores en relación ao ratio máximo de alumnado por aula, ou que, incluso, o persoal docente non foi contratado en función do propio decreto de creación do centro, non estando cuberto o cadro de persoal completo”.

Así, desde a Asociación Veciña indícase que, co obxecto de tratar precisamente todas estas, e outras máis cuestións, que foran denunciadas por pais e nais desde o comezo de curso, solicitaron manter unha reunión coa Xefatura Territorial da Consellaría de Educación, presentando por rexistro telemático esta solicitude o pasado 21 de setembro. “Aínda hoxe, critica a Asociación Veciñal, non se obtivo resposta e, por tanto, nin se celebrou a reunión nin tampouco consideramos, xa, que a Xefatura teña intención de mantela, malia que a maioría das situacións denunciadas non se teñan corrixido ou, polo menos, estiveran en proceso de solución”.

O colectivo veciñal entende que a situación coa que abriu o Ceip de Novo Mesoiro é intolerábel, e que xa, a esta altura a maioría, por non dicir todas, das cuestións denunciadas deberán estar resoltas. É por isto que entenden que o acontecido volve amosar unha situación recorrente no barrio a respecto das dotación de equipamentos, e dos servizos que a través destes se ofrecen, xa que logo, “sempre chegan tarde, cando desde hai anos se demandan como necesarios, e cando por fin chegan, nin se dotan nin da infraestrutura nin do persoal necesarios para dar un correcto servizo á veciñanza de Novo Mesoiro”.

“Ao igual que con outras dotacións e servizos do noso barrio, a apertura do Ceip amosa até que punto as distintas administracións o teñen desprezado ou, cando non, abandonado; é deber das AA.PP. garantir os servizos públicos, dotalos e mantelos en perfectas condicións para o seu uso por parte da veciñanza e da cidadanía, e no caso do Ceip, ou como anteriormente xa ten acontecido co Centro de Saúde, ou co Centro Cívico, ou cos Espazos Teu etc, constrúese un equipamento, para desenvolver a súa actividade en precario, sen prestar debidamente os servizos para os que está deseñado e sen o persoal necesario o que supón un prexuízo para a veciñanza, que moitas veces vese en situacións vulnerábeis e tendo que asumir persoalmente custos que deberan estar cubertos. O Ceip de Novo Mesoiro, tal e como se abriu é unha vergoña que deberá supoñer a toma das responsabilidades correspondentes para coas persoas responsábeis que permitiron a súa posta en funcionamento dese xeito”, conclúen desde o colectivo veciñal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s