A Xunta cede ante a Fegamp e publicará datos epidemiolóxicos municipais

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que, logo de meses de pandemia, o Goberno galego informará semanalmente da situación epidemiolóxica a nivel municipal segundo o nivel de casos novos e co obxectivo de que cada un deles poida ver como evoluciona a pandemia no seu ámbito local, sen comprometer o dereito á confidencialidade da historia clínica. Foi o principal acordo da xuntanza que a semana pasada mantiveron o propio Núñez Feijoo, o vicepresidente primeiro Alfonso Rueda e os titulares de Facenda e de Sanidade, Valeriano Martínez e Julio García Comesaña, cos representantes da Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias). Nesta reunión, a entidade que preside o socialista Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa, reclamou á Xunta medidas para que os municipios poidan implementar mecanismos propios e necesarios de loita contra a COVID-19.

Para ofrecer esta información, Feijóo explicou que se elaborarán dous mapas, un para os casos acumulados nos últimos 7 días e outro para os casos acumulados nos últimos 14 días, establecéndose os niveis de alerta –verde, amarelo, laranxa e vermello- segundo os concellos de menos de 50.000 habitantes e os de máis de 50.000, coma o da Coruña.

Para estes últimos, establecerase: o verde para os que teñan menos de 28 casos novos á semana por 100.000 habitantes; amarelo para entre 28 e 55 casos novos á semana por 100.000 habitantes; laranxa para entre 56 e 111 casos novos á semana por 100.000 habitantes; e vermello para máis de 111 casos novos á semana por 100.000 habitantes.

Desta clasificación sairían dous mapas: un aos 7 días e outro aos 14 días, onde se indicarán con carácter xeral que concellos están nunha situación tranquila, cales avanzan cara a unha situación máis preocupante, cales están nunha situación máis comprometida e cales nunha situación que pode dar lugar a restricións”, engadiu Feijóo, precisando que esta información se fará pública na web da Consellería de Sanidade.

Ademais, o titular do Goberno galego confirmou a decisión de convocar “de forma inmediata” unha nova reunión da Comisión Galega de Cooperación Local, recordando que nos últimos anos se lograron “importantes consensos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s