O Día Internacional da Biblioteca fará fincapé na seguridade destes espazos

As bibliotecas municipais prepáranse para celebrar o Día Internacional da Biblioteca, unha data que conmemora en todo o mundo a destrución da Biblioteca de Saraxevo en 1992, durante un incendio no contexto das guerras balcánicas. Entre hoxe e o 24 de outubro, as bibliotecas desenvolverán unha campaña dixital, sumándose á iniciativa “Bibliotecas, sempre ao teu carón” do Ministerio de Cultura, unha homenaxe aos lectores.

A alcaldesa, Inés Rey, declarou sobre a iniciativa que “terá como obxectivo transmitirlle á
cidadanía que as nosas bibliotecas son servizos esenciais e espazos seguros e que as persoas
usuarias poden volver a usalas con tranquilidade, xa que son espazos que cumpren todas as
medidas sanitarias obrigatorias”. Rey visitará e avaliará as medidas de seguridade da Biblioteca Fórum o venres.

O Concello explica que a cita deste ano se redeseñou e adaptou á situación pandémica. A conmemoración constará dunha dobre campaña: unha que sinale as bibliotecas como un servizo esencial e outra como un espazo seguro. As redes sociais encheranse estes catro días de vídeos de lectores e persoal das bibliotecas que transmitirán unha mensaxe de tranquilidade e seguridade. Tamén haberá mostras bibliográficas nos espazos municipais. As persoas que acudan ás bibliotecas os días 23 e 24 recibirán unha máscara facial co lema BibliotecasSeguras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s