O PP pide desbloquear o novo CHUAC

O presidenta da Xunta, Aberto Núñez Feijoo, durante a presentación do Novo CHUAC.

O Grupo Municipal do PP esixiu hoxe á alcaldesa, Inés Rey, que “deixe de bloquear a construción do novo hospital”. Consideran que o novo CHUAC se trata “da maior necesidade que afronta actualmente a Coruña”, unha infraestrutura para “blindar a súa sanidade pública para as próximas décadas”. Os populares contrapoñen esta actitude coa da Xunta, para a que aseguran que o novo hospital é “unha prioridade absoluta” e investirá 400 millóns de euros na súa construción. “É sen dúbida a maior obra pública impulsada na área da Coruña en moitos anos, tanto do punto de vista do investimento como polo seu impacto social”, afirman.

Os populares instan á alcaldesa a negociar coa Deputación como en Pontevedra, onde se asinou un convenio co Concello para construír os accesos ao hospital. Consideran que “o PSOE pon trabas ao novo CHUAC por motivos políticos”, xa que “a Xunta é a única administración que inviste na cidade”. Aseguran que o Goberno central non investiu “nin un euro”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s