San Andrés, peonil os sábados

O Concello anunciou hoxe a través da alcaldesa, Inés Rey, que dende o vindeiro 7 de novembro San Andrés será peonil todas as tardes de sábado, de 16:30 a 20:30h. A rexedora xustifica esta decisión despois polas peticións da veciñanza e do comercio da área. Rey asegurou que “a peonalización provisional de San Andrés foi todo un éxito e esta era unha petición moi razoable que nos fixeron chegar diferentes entidades veciñais e de comerciantes coas que nos reunimos nos últimos días”. A peonalización posponse ata xa entrado novembro para preparar a vía.

A alcaldesa tamén anunciou que o concello habilitou unha senda peonil entre O Portiño e Visma, tal e como reclamara a Asociación de Veciños Loureiro de Visma nunha reunión con Urbanismo. A nova senda, entre a rotonda de Catro Ventos e as beirarrúas do Portiño, ten unha anchura de metro e medio. Xa se instalaron balizas protectoras. Desde o Concello sinalan que agora se está traballando en mellorar a iluminación da zona, que aumentará a visibilidade deste camiño, e na limpeza da vexetación dos bordos da senda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s