Anulada a sanción inxustificada a unha traballadora da Biblioteca González Garcés

 O Xulgado do Social nº2 da Coruña vén de dar a razón a unha traballadora da Biblioteca Pública Miguel González Garcés fronte a unha sanción inxustificada neste centro dependente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. A empregada fora sancionada xunto con outros compañeiros do mesmo centro pola anterior directora. A xustiza anula o castigo ao non apreciar proba ningunha da comisión das “faltas leves” que motivaron o expediente.

Segundo CCOO, as verdadeiras causas debéronse á “mala xestión” da directora, xa destituída, “que provocou unha exposición do persoal a un alto risco psicosocial no desenvolvemento do seu traballo cotián”. No centro existiran problemas con carácter previo, con frecuentes reclamacións xudiciais da plantilla relativas a conciliación, asuntos persoais, vacacións ou horarios. A situación motivara mesmo unha denuncia sindical na Inspección de Traballo. Logo desta destitución da directora, “a situación laboral mellorou e así quedou constatado no xuízo”.

CCOO critica que a Xunta non fixese “nada por reconducir a situación”, chegando a “disfrazas” o cee como unha “reorganización” na directiva. A Consellería de Cultura é, para o sindicato, responsable do sucedido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s