Comeza a levantarse a duna de Riazor

O Concello anunciou onte o inicio dos traballos para levantar a duna que se coloca cada ano na praia de Riazoe como barreira de protección nese tramo do Paseo Marítimo. O obxectivo, dixo a concelleira de Medio Ambiente Esther Fontán, é minimizar o impacto dos temporais na no tráfico e na circulación peonil nese tramo do paseo.

Utilizaranse dúas máquinas bulldozer nos traballos, que se o tempo acompaña estarán rematados en catro días. Fontán sinalou que por primeira vez a formación da barreira corresponderalle á nova empresa de limpeza, e incluirá ademais a realización dun estudo co fin de mellorar a súa efectividade. A duna terá unha altura de 2,5 metros de altura, polo que non tapará a vista do mar. A duna estará a doce metros e medio do paseo.

Fontán lembrou que é habitual que a duna teña que se reconstruír durante a tempada invernal, polo menos nunha ou dúas ocasións. “O mar ten máis forza ca nós, pero o concello está preparado”, apuntou.

Este tipo de duna levantouse por vez primeira en 1995 como resposta ao violento temporal que derribou a balaustrada do Paseo Marítimo. O risco de que o mar rebase a duna depende fundamentalmente da altura e dirección da ondada, intensidade e dirección do vento, e dos niveis da preamar. As situacións máis perigosas de subida da auga ao Paseo Marítimo e mesmo ás vías danse cando conflúen mareas vivas con temporais do noroeste, algo que se dá entre unha e tres veces máximo en cada tempada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s