O BNG acusa a Feijoo de “pasarlle a factura” do novo hospital á cidade

“Plenamente ilegal”. Así cualifica o BNG a proposta de convenio da Xunta de Galicia co Concello para a construción dun novo hospital na cidade. Así se referiron a el en rolda de prensa Francisco Jorquera, portavoz nacionalista en María Pita, e Avia Veira, responsable de urbanismo do BNG no Concello.

Con base nos informes técnicos da Secretaría Xeral, a Intervención e a Asesoría Xurídica do Concello, o BNG conclúe que o convenio “non é aceptable nin xurídica nin politicamente”. Alertan de que o documento “non detalla as obrigas que contrae a Xunta –non di canto vai custar o hospital nin que diñeiro vai pór o Goberno galego sobre a mesa-“. Ao contrario, consideran que “despraza ao Concello tarefas que escapan do seu ámbito competencial”, como conseguir o espazo para a construción.

Avia Veira considera que, xa que o hospital dará servizo a toda a área sanitaria, debe considerarse unha infraestrutura supramunicipal cuxas expropiacións previas sexan financiadas pola Xunta, non polo Concello. O convenio é, para a edil do BNG, “abusivo”, xa que a esixencia económica que fai ao Concello -22,2 millóns de euros- “excede con moito a súa capacidade económica”. Asinar estte documento poría “en risco a estabilidade financeira” da institución, alertan os nacionalistas.

Dado que o convenio tamén recolle excencións fiscais para centros do SERGAS na cidade, o custe final sobardaría amplamente os 22,2 millóns de euros achegados polo Concello. Veira reivindicou que calquera exención fiscal se someta ao criterio do Pleno, sendo o contrario “irregular dende o punto de vista legal”.

O BNG considera que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, “como acostuma facer, despraza as súas responsabilidades cara outras administracións” e “tamén a factura”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s