O paro na cidade sitúase no 12,4%

imagen principal Servicio Público de Empleo Estatal - Prestaciones - SEPE (Antes INEM)

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) do Instituto Galego de Estatística para o terceiro trimestre de 2020 foi feita pública esta mañá. Entre os seus resultados salienta unha taxa de desemprego do 12,4%, o que sitúa á cidade nun valor medio entre as sete principais poboacións galegas, con Ourense (9,5%) na mellor situación e Ferrol (17,9%) na peor. A taxa de paro na comunidade é levemente inferior á coruñesa. En Galicia está no 11,8%.

No mesmo trimestre en 2019, o paro na Coruña situábase no 11,7%. No anterior trimestre deste mesmo 2020 estaba no 10,9%. Isto significa que aínda que o resultado é peor que o ano pasado, houbo unha moi leve creación de emprego dende xullo.

Logo de coñecer os datos da EPA, dende o PP local instaron ao Goberno municipal a potenciar medidas de emprego ante uns datos “malos” de paro. Lembraron que o dato galego é mellor cá coruñés e lamentaro que o número de desempregados na cidade experimente un aumento do 13,82%, “multiplicando por nove o dato galego”. Recordan que o número de ocupados baixa na cidade mentres medra a nivel galego.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s