
Galicia segue a sumar novos casos de COVID-19 cada día que pasa. Hoxe a comunidade sitúase nos 7.535 infectados polo coronavirus, o que supón un incremento de 461 casos. Na área coruñesa hai hoxe 1.285 pacientes (84 máis ca onte). É o resumo dunha xornada na que hai 95 persoas hospitalizadas na cidade (catro máis ca onte), con 10 delas en coidados intensivos.
A situación é estable na comarca coruñesa, onde a incidencia da COVID-19 deixa un mapa semellante ao do día 27. Atópanse en alerta vermella Arteixo, Oleiros e Cambre (con máis de 21 casos detectados cada semana). Culleredo está en alerta laranxa (de 14 a 21 casos por semana). Abegondo, Carral e Sada atópanse en alerta amarela (7-14 novos casos semanais). Só Bergondo rexistra menos dun caso diario en toda a comarca coruñesa.