Axuda psicolóxica gratuíta na UDC

A Universidade da Coruña presenta un programa de atención psicolóxica especializada e gratuíta dirixido a toda a comunidade universitaria e ás súas familias, que poidan estar a pasar por unha situación de estrés ou crise psicolóxica. O programa Afrontemos 21, promovido desde a UDC Saudable, inclúe a valoración e o consello psicolóxico especializado sobre como mellorar o afrontamento do estrés ou a xestión emocional e as estratexias para manexarse mellor ante unha adversidade que non se pode cambiar con facilidade ou rapidez.

A consulta psicoterapéutica, con especialistas en psicoloxía sanitaria e clínica, terá unha duración duns 50 minutos e contará co asesoramento do equipo da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Poderá realizarse de xeito presencial, nas instalacións ubicadas no Hospital Naval, ou ben en liña. Faranse intervencións en formato individual, de parella ou familiar.

As citas pódense solicitar chamando ao 646 102 004 ou ben enviando un correo electrónico cos datos de contacto da persoa ou persoas interesadas a interfam@udc.es. O horario de atención será os luns, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas, os mércores, de 16:00 a 20:30 horas, e os xoves, de 16:00 a 20:30 horas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s