
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, insta á Xunta a pór en marcha medidas urxentes para evitar a quebra dos negocios da hostalaría, tras as restricións anunciadas onte polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A rexedora sinalou que o sector “está sufrindo de modo directo as consecuencias das limitacións impostas pola pandemia”. Rey criticou que a Xunta tome estas medidas que afectarán ao sector hostaleiro sen anunciar outras compensatorias para apoiar ao sector.
A alcaldesa esixe medidas “xustas, equilibradas e proporcionais”. E advirte que estas restricións deben ser anunciadas con antelación suficiente para evitar que os negocios teñan perdas imprevistas, como ocorreu a pasada fin de semana. “A Xunta ten que ofrecer xa alternativas económicas ás persoas afectadas polos novos peches.” S
Por outro lado, entende que estas restricións tamén afectarán a sectores como o dos mercados de abastos e á propia Lonxa. Insiste en que sen o preciso apoio económico, “a Xunta contribuirá a converter a crise sanitaria nunha crise económica sen precedentes”.