Devolverán o importe das entradas para espectáculos

Os recintos culturais municipais -Centro Ágora, Coliséum, Fórum Metropolitano, Teatro Colón e Teatro Rosalía Castro- non funcionarán durante polo menos un mes, en cumprimento das medidas impostas onte pola Xunta de Galicia e que arrincan mañá. Estes centros devolverán xa que logo a totalidade do importe das entradas para os espectáculos previstos nun mes en adiante desde o día 6. A venda das localidades para estas citas reactivarase coa capacidade máxima permitida de 30 asentos. En todo caso, manteranse os descontos fixados de antemán e o importe dos tickets devolverase a través da canle pola que foron adquiridos.

O primeiro espectáculo afectado, que ía celebrarse esta fin de semana, é “Shock, el cóndor y el puma”, no Teatro Rosalía Castro, dentro da programación do Ciclo Principal de Outono 2020. Os cambios nas demais montaxes coñeceranse para a semana.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s