Orzamentos expansivos para 2021

No pleno municipal de hoxe, o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage Tuñas, realizou tres anuncios sobre as contas municipais deste e do vindeiro ano. Estes anuncios centráronse nun novo PRESCO, nun modificativo de crédito para o orzamento 2020 e nun impulso orzamentario á cidade cun proxecto de máis de 300 millóns en 2021.

Así, Lage Tuñas anunciou no Pleno que o Goberno local convocará antes de xaneiro a todas as forzas políticas para negociar un novo PRESCO, “coa vontade de lograr o mesmo nivel de consenso que no primeiro”, que foi aprobado por unanimidade.

O voceiro puxo como prioridade orzamentaria para 2021 combater a pandemia e axudar economicamente aos sectores económicos máis afectados. Pediu que todos os partidos poñan por diante o interese xeral para acadar un acordo unánime. Neste sentido tivo palabras positivas para parte da oposición. Agradeceulle ao grupo do PP a súa disposición manifestada durante a sesión plenaria pola súa voceira, Rosa Gallego, e tamén lle agradeceu ao voceiro do BNG, Francisco Jorquera, a súa disposición para os acordos.

Lage Tuñas tamén anunciou que durante este mes de novembro convocarán a todos os grupos para aprobar un modificativo de crédito urxente e reorientar as partidas económicas do orzamento vixente do ano 2020. Dado que existen recursos económicos que estaban previsto destinárense a actuacións que non se poden levar a cabo polos efectos da Covid-19, poderanse dirixir eses fondos a outras necesidades.

Lage Tuñas sinalou que con este modificativo urxente se priorizará a ampliación das axudas económicas a persoas autónomas e a pemes, que é unha das liñas contempladas dentro do Plan de reactivación económica e social da Coruña (PRESCO). Lage recoñeceu que “gustaríame que fósemos máis rápidos na tramitación das axudas e imos dedicar máis recursos para podermos ser máis áxiles”.

O concelleiro de Economía tamén anunciou, en resposta ao voceiro do BNG, que “o Concello da Coruña poderá contar con máis de 300 millóns para o ano 2021, co orzamento prorrogado e coa incorporación de créditos vivos de anos anteriores”.

Convidou ao BNG a “seguir sendo construtivos e a negociar as modificacións orzamentarias necesarias pensando sempre no interese xeral”.

O concelleiro de Economía e Facenda recordou ademais que a Xunta aínda está agora anunciando axudas cando o Concello da Coruña as aprobou nun Pleno no mes de xuño. Recordou que a Xunta fai un anuncio cinco meses despois da aprobación de axudas neste concello ao tempo que fixo autocrítica e explicou respecto da tramitación das axudas municipais que “nós non imos tan rápido como nos gustaría, pero entre predicar e tomar decisións hai unha diferenza substancial”. O edil convidou a todos os grupos a traballaren “pensando sempre no interese xeral da sociedade”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s