A Deputación apoiará aos hostaleiros

A Deputación da Coruña e o Concello da Coruña selaron hoxe unha colaboración pola que o ente provincial inxectará 1.200.000 euros para reforzar as axudas á hostalaría e comercio do Plan para a Reactivación Económica e Social do Concello da Coruña (PRESCO).

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciárono esta mañá despois dunha reunión de traballo na que tamén participaron o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, e o concelleiro de Facenda, José Manuel Lage Tuñas.

Esta colaboración enmárcase dentro dun plan dirixido ás grandes cidades da provincia para o que o organismo provincial “mobilizará unha partida de 3 millóns de euros co obxectivo de dar cobertura e suplementar os programas municipais de apoio a autónomos da Coruña, Ferrol e Santiago”, anunciou o presidente da Deputación .

Esta nova liña de 3 millóns de euros súmase aos 12,5 millóns do PEL-REACTIVA que a Deputación, en colaboración cos concellos coruñeses, ten en marcha para apoiar aos pequenos negocios locais afectados pola Covid-19. Estes días, 88 municipios de menos de 50.000 habitantes están a canalizar todas as solicitudes do seu tecido empresarial para distribuír estes fondos, con axudas que  oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros.

“A Deputación só ten competencia en concellos de menos de 50.000 habitantes pero a lei nos permite realizar actuacións excepcionais en materia de apoio a cidades e creo que o contexto sanitario actual xustifica esa colaboración que se vai a materializar coa Coruña, con Santiago e con Ferrol”, explicou González Formoso.

No caso da Coruña “faremos unha aportación extraordinaria ao PRESCO de 1,2 millóns de euros, un plan  dirixido á hostalaría e ao comercio menor principalmente e que foi capaz de liderar en tempo récord unha resposta administrativa e institucional a unha crise económica social e brutal”.

“Quero recalcar que somos administracións que non temos competencias na materia e aínda así amosamos o noso compromiso e mantemos unha actitude responsable, aportando un grao de area importante”, afirmou González Formoso.

Pola súa parte, Inés Rey agradeceu o apoio da Deputación e destacou que “amosa unha vez máis, da man do seu presidente, que se pon a disposición dos cidadáns neste momento no que máis o necesitan, que se fai a política real e a que funciona, que é a de estar ao carón dos sectores máis afectados pola crise económica ofrecendo solucións claras e directas”.

A rexedora explicou que “estes sectores, que durante a desescalada actuaron dun xeito responsable, agora sufrirán as consecuencias do peche e reclaman o apoio das administracións públicas que, lonxe de discutir sobre as medidas, temos que poñernos a traballar todos xuntos para tratar de axudar aos que peor o están pasando”.

Actuacións coordinadas entre administracións
Na mesma liña expresouse González Formoso, que fixo un chamamento á corrdinación por parte de todas as administracións aclarando que “ todas as axudas que poñemos en marcha están coordinadas entre os concellos e a Deputación” e recordando que “en marzo enviamos unha misiva ao presidente da Xunta para que coordinaramos as axudas porque pódese dar a situación de que un autónomo reciba de tres administracións un importe para pagar o aluguer do mes e, en cambio, non reciba nada para pagar a cota de autónomos ou o recibo de auga do mes”. Para elo, reiterou a necesidade de pór en marcha un foro técnico no que as administracións coordinen as axuda para facelas máis efectivas e que cheguen ao maior número de beneficiarios.

Neste sentido Inés Rey deixou claro que “o goberno municipal que presido foi o primeiro en poñer axudas directas a autónomos, que poden chegar ata os 6.000 euros por persoa. A primeira administración en responder e a primeira administración en pagar. A Xunta tardou 8 meses en anunciar as súas axudas, que celebramos que se anunciaran onte pero que celebraremos máis cando sexan efectivas”.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, reclamou da Xunta de Galicia unha lei que de “soporte legal ás bonificacións e exencións fiscais que os sectores máis afectados pola pandemia están reclamando dos concellos da provincia” .Por outra banda, solicitou que a administración galega “coopere máis intensamente co financiamento local para que a redución de ingresos dos concellos por bonificacións de impostos municipais non afecte á prestación de servizos de carácter municipal como prestacións sociais que neste ano 2020 e 2021 se van incrementar”.

Como responsable da área de Turismo da Deputación, Xosé Regueira, expresou tamén a súa preocupación polo sector, que está a padecer unha importante crise, de maneira especial no ámbito urbano, e defendeu a necesidade “dun rescate para paliar a gravísima situación pola que está a atravesar”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s