A hostalería busca aire ante as novas medidas contra a COVID-19 da Xunta

O sector da restauración e a hospedaxe galegos é un dos grandes damnificados polos efectos da COVID-19, máis ainda tendo en conta a súa achega á economía en termos de PIB. A hostalaría séntese criminalizada, “tendo que soportar unhas restricións que son desproporcionadas, xa que se nos aplican medidas similares a de outros territorios do Estado onde o dato de Incidencia Acumulada (IA) do virus triplica ou cuadriplica á galega”, sinalan nun comunicado conxunto a maior parte das asociacións do sector na comunidade. Lembran que “os nosos negocios cumpren escrupulosamente as normas de seguridade que ditan as autoridades sanitarias, e así o demostra a práctica nulidade de sancións que existen no sector”.

Na actual situación, solicitan da Xunta e do Goberno un plan de rescate que inclúa unha serie de medidas xerais, sen prexuízo das que pidan en cada concello. Sobre as cotas da seguridade social, piden a posibilidade de xoneración da parte da cotización empresarial do 85% ou 75% (en función de 50 ou máis de 50 traballadores) tanto para traballadores en activo como os suspendidos,  ao igual que os epígrafes considerados directamente afectados pola actividade turística. Piden ademais a exoneración a cota de autónomo en calquera das modalidades, limitación ou impedimento.

Ante as dificultades para facer fronte ao pago das cotización sociais propiñen un sistema de recargo de 0% para aqueles periodos nos que por causa de impedimentos ou limitacións non se puido abrir, 3% o primeiro mes, 5% o segundo, 7% o terceiro e 10% a partir do cuarto. Piden ademais facilitar o despedimento nesta situación, mediante a anulación do compromiso da empresa de mantemento de emprego durante o prazo de seis meses desde a data de iniciación da actividade ante as medidas extraordinarias laborais recollidas na normativa. Tamén queren prolongar indefinidamente os ERTES ata que a situación se normalice.

Para os autónomos, reclaman axudas directas para autónomos e traballadores do réxime xeral asimilado para complementar cando menos o 70% da base de cotización actual cun mínimo de 1.200 euros mensuais.

A hostalería considera tamén necesario aprazar os IRPF e IVE do 4º trimestre deste ano durante 12 meses, así como ampliar de forma extraordinaria ospagos fraccionados do Imposto de Sociedades ao mes de decembro, tal e como prevé o art. 40.3 da Lei de Impostos de Sociedades, que tería en conta o rendemento producido de Xaneiro a Decembro do presente exercicio. No relativo ás taxas, piden que se anulen en 201 o canon de saneamento, o IBI e o imposto de actividades económicas. Ademais queren que o IVE da hostalería e turismo baixe ao 4%.

Sobre as taxas enerxéticas, piden que se paralicen aqueles impostos relacionados con esta e a baixada da potencia contratada de electricidade sen custe e con condicións reguladas polo Estado. Igualmente queren garantías de que non se lles cortará subministro por impagamento.

Sobre aqueles gastos fixos, piden que se suspenda o cobro do contrato de servios que non se presten neste tempo -como a SGA ou prevención de riscos lborais-.

Axudas directas
É un dos puntos máis ambiciosos da proposta, ao pedir que se lles compense como mínimo un 50% das perdas causadas polo peche, o que fixan en 30 millóns de euros. Este reparto das axudas débense modular tanto en función do tamaño do establecemento (cifra de negocio e nivel de emprego) como das dificultades soportadas como consecuencia da crise (período de peche, restricións, peches obrigatorios). Para o ocio nocturno deberíase incrementar un mínimo dun 25%, consideran. Cren que se debe ter en conta os gastos correntes desde marzo de 2020 -alugueiros, canon de saneamento, etc-. Sobre os alugueiros van máis alá e piden, como en Cataluña, decretar a redución dos alugueiros ao 50%.

Sobre as liñas ICO COVID e o resto de financiamento previo á pandemia, piden aumentar o prazo razo de carencia e evolución dos principais de forma automática, mentras dures calquera tipo de medida restritiva relacionada coa pandemia e ampliación da carencia a un prazo de seis meses posteriores ao restablecemento da actividade, de forma que haxa un período mínimo para alcanzar un nivel de actividade que permita a devolución da financiación

A Xunta avanzou onte a súa intención de impulsar unha liña de axudas á hostalería, como lle esixira o día anterior o Goberno local, para quen a actuación da Xunta pode converter a “crise sanitaria nunha crise económica sen precedentes”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s