
A Compañía de Tranvías porá en marcha o 100% da frota en funcionamento e reforzará o servizo nas horas punta. Deste xeito, o servizo de transporte urbano poderá asumir a nova restrición de 50% de ocupación das prazas sentadas e unha sexta parte de viaxeiros de pé para os autobuses urbanos Clase I, en que se inscriben os vehículos do transporte urbano, ditada pola Xunta. É op resultado do acordo tomado hoxe entre a Concellería de Mobilidade e a Compañía de Tranvías
O concelleiro Juan Díaz Villoslada sinala que, para cumprir con este obxectivo, a compañía monitorizará a evolución da demanda co fin de comprobar cales son as liñas e os horarios con maiores necesidades de cobertura.”A pesar de que reforcemos o servizo, as restricións no transporte urbano non son paralelas ás restricións de mobilidade e, por tanto, é posible que se produza saturación do servizo pero a prioridade será controlar as capacidades”, dixo.
ViIlloslada asegura que neste período demostrouse que o transporte público é un medio seguro e fai un chamamento á colaboración das persoas usuarias, con especial fincapé á necesidade de utilizar a máscara en todo momento e a atender ás indicacións das condutoras e dos condutores con respecto á capacidade e á utilización dos espazos habilitados nos autobuses. Tamén se recomenda evitar no posible as horas punta, sobre todo coas facilidades que ofrecen as liñas con alta actividade, como a universitaria, en que se manterán todos os reforzos posibles nas ditas horas, con frecuencias de 3 minutos.