A rolda peonil medra

O 16 de novembro comezarán os traballos de peonalización da rúa Mariscal Pardo de Cela, que conforma un novo tramo da rolda peonil que cruzará a cidade. Así o asegurou hoxe a alcaldesa, Inés Rey, sinalando que a rolda, que gañará así un novo tramo, é “un dos eixes deste goberno”. Ademais, proseguen os trámites de Alcalde Marchesi e Ramón Cabanillas.

O proxecto de mellora de Mariscal Pardo de Cela, ademais de mellorar a accesibilidade peonil, tamén optimizará a ciclable. Este tramo terá un carril bici, incrementando deste xeito o espazo público e acondicionando as vías existentes para mellorar a seguridade. O ámbito de actuación para estas obras, que contan cun orzamento municipal de case 220.000 euros, abranguen a propia rúa Mariscal Pardo de Cela e as súas interseccións coas rúas Fernando Rey, Cronista Pacheco e Oidor Gregorio Tovar.

O Concello pon o foco na Mariscal Pardo de Cela ao considerar que se atopa “nun estado de degradación avanzada” que xustifica a urxencia dunha reparación.

A rolda peonil unirá o Parque de San Diego co futuro Parque do Agra, un ambicioso plan municipal de mobilidade. Pola súa banda, o primeiro tramo de Alcalde Marchesi está pendente do informe de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e o segundo tramo, que vai desde Ramón y Cajal ata a Gaiteira, terá un proxecto a finais de 2020. Canto ao tramo de Ramón Cabanillas, tamén contará cun proxecto antes de fin de ano, aseguran fontes municipais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s