Melloras no asfaltado durante toda a semana

Esta semana desenvolveranse varias actuacións de mellora de asfaltado en ata 15 rúas, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria. Os traballos arrincaron onte á noite na travesía de Almirante Eulate, no paso peonil Reverendo Álvarez Cabezas, na rotonda das Escravas e na avenida de Bos Aires. Tamén se realizarán reparacións nas rúas Eume, Sar, Miño e Tambre en horario diúrno. O mércores iniciaranse obras de fresado nas rúas México, Brasil e na avenida de Chile.

O xoves 12 realizaranse reparacións no firme no ámbito dos Cantóns e tamén en Linares Rivas. O venres 13 á noite traballarase no fresado e aglomerado na avenida Alcalde Pérez Ardá, desde Ramón y Cajal ata a Rolda de Outeiro, en dirección á saída da cidade ao lado da estación de autobuses, que se prolongarán até a semana seguinte, cando se finalicen os traballos nas vías de entrada, ao carón do centro comercial El Corte Inglés.

Nas vindeiras semanas, tamén está previsto que renove o asfaltado na praza de Mina e na praza de Pontevedra con Juan Flórez. Tamén se desenvolverán labores de mantemento das beirarrúas na zona norte da cidade e de mellora da accesibilidade nas rúas Sor Joaquina e Francisco Rodríguez Otero.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s