‘Tendas a exame’ en Catro Camiños

A nova edición do Programa “Tendas a exame” transcorrerá nesta ocasión na zona de Catro Camiños-A Gaiteira, tras as edicións en Monte Alto-Orzán, os Mallos-Falperra e as Conchiñas-Rúa Barcelona. O programa buscará resolver as necesidades de 30 establecementos, cuxo desempeño avaliará. Os locais que participarán son comercios de proximidade que non pertencen a grandes cadeas nin están localizados nunha superficie comercial. No programa municipal recibirán recomendacións de medidas e accións en aspectos esenciais do negocio como o escaparatismo, a atención á clientela ou loxística e xestión. Os locais recibirán a visita durante varios días dunha persoa especializada que os asesorará sobre como mellorar.

O programa busca establecer unha boa cultura de negocio entre os locais participantes, así como informalos sobre as posibles subvencións ás que concorrer no futuro. A Concellería de Comercio está a visitar locais que poidan integrar o programa. As tendas interesadas poden escribir a tendasaexame2020@gmail.com. Tras comprobar o cumprimento dos requisitos entre os comercios inscritos, realizarase unha selección para priorizar os que necesitan máis melloras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s