Inés Rey será vicepresidenta da Rede das Cidades Atlánticas

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asume a vicepresidencia da Rede das Cidades Atlánticas para os próximos tres anos, unha asociación europea de carácter transnacional que preside a capital portuguesa de Viana do Castelo. O colectivo, que se reuniu esta tarde en asemblea virtual, ten como obxectivo principal representar as cidades do arco atlántico e apoiar un desenvolvemento común tanto no que se refire ao ámbito urbano dos lugares participantes como á franxa marítima que ocupan todos eles.

Ademais, a rexedora apuntou que a rede servirá de intercambio de experiencias e para se situar no mapa a través dun conxunto de iniciativas baseadas nunha posta en común previa. O Arco das Cidades Atlánticas fórmase sobre a base dun documento, o Plan estratéxico das cidades atlánticas, que se presentará no Consello Europeo.

Nesta declaración de principios, as prioridades pasan por deseñar un crecemento azul de todo o arco, en que se respecte o medio e onde se traballen a innovación e a investigación. Estas dúas últimas premisas serán fundamentais á hora de lles dar saída a proxectos que atinxan ás urbes atlánticas con voz nesta rede. O colectivo conta, por tanto, cunha importante dimensión social, xa que permite que as cidades representadas expliquen as súas posturas, sobre todo, ante crises europeas de gran calado, como o Brexit ou o virus da COVID-19.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s