Era Colón galego?

O escritor e divulgador Rodrigo Costoya impartirá unha charla esta tarde ás 19:30 horas na Casa Museo Casares Quiroga de Panaderas expoñendo as duas teorías sobre a orixe pontevedresa de Cristobal Colón nas que se basea a súa novela Portosanto, que xa vai pola terceira edición en galego. Entre as persoas asistentes sortearanse cinco exemplares da novela. 
O autor compostelán acaba de gañar un importante premio literario a nivel internacional coa segunda novela da triloxía que comezou con Portosanto e que ten como eixe central diversos acontecementos do século XV en Galicia. O xurado do IX Certame Internacional de novela histórica Cidade de Úbeda dotado con 10.000 euros declarou a obra de Rodrigo Costoya “El custodio de los libros” gañadora entre as 68 novelas presentadas. O pasado luns 2 de novembro chegou as librarías de toda España, ainda que o premio será entregado o día 14 deste mes.
A charla foi presentada no Culturgal de 2019 e repasa durante uns 45 minutos unha serie de probas dificilmente irrefutables postas todas en relación sobre a teoría de Cristóbal Colón e Pedro Madruga, con cambio de identidade por intereses incluido. Ao final da presentación o público poderá realizar preguntas. A actividade é de acceso libre ata completar aforo, e está enmarcada dentro dos presupostos do Fondo Xacobeo21 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s