A Coruña retoma as vivendas de protección oficial logo de 14 anos

Esta mañá coñeceuse o proxecto gañador para a construción de 50 vivendas de protección oficial no barrio de Xuxán, antigo Ofimático. O estudio ARA Arquitectos de Álvaro Romero Gil-Delgado resultou escollido.

A alcaldesa Inés Rey asegurou que esta decisión supón acelerar os proxectos de vivenda de protección oficial no espazo local logo de “14 anos de parálise”. Para Rey, “a posta en marcha desta futura promoción supón para a Coruña un impulso á política de vivenda”. A intención do Goberno local é “recuperar o desenvolvemento” deste tipo de políticas para poder ofrecer vivendas públicas ás persoas traballadoras que agora están sendo moi afectadas pola dificultade de acceso a este dereito universal.

As 50 residencias, que tiñan como requisito cumprir cos estándares de sostenibilidade ambiental en edificacións BREEAM, disporán de 2 ou 3 dormitorios e darán a dúas rúas para favoreceren a ventilación cruzada. A maioría das vivendas contan con terraza e cada persoa propietaria contará con dous metros cadrados dun horto urbano que se habilitará na planta da cuberta. Ademais, haberá dous apartamentos adaptados para persoas con mobilidade reducida.

O proxecto adxudicado conta tamén cun aparcadoiro para bicicletas, unha por vivenda, e cunha pequena praza axardinada. Aproveitando que a pegada do edificio non ocupa o total da parcela, decidiuse xerar unha zona verde na fachada para o goce das persoas inquilinas, en que se plantarán árbores e plantas autóctonas que serán regadas mediante un sistema de aproveitamento da auga da chuvia.

Nas Reservas Estratéxias do Solo desenvolveranse máis de 1.200 vivendas de protección pública. Neste senso, lembramos que en San Pedro de Visma poderíamos estar sobre as 900 vivendas protexidas das 3.500 proxectadas, e en Percebeiras unhas 148.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s