
Doce denuncias por infracción e 25 persoas identificadas é o balance dos 18 dispositivos que a Policía Autonómica levou a cabo por toda a provincia da Coruña durante a pasada fin de semana para controlar o cumprimento das medidas anti COVID-19. Os axentes realizaron ata 35 inspeccións en concellos da provincia. Levaron a cabo dispositivos específicos na Coruña, Ames, Noia e Santiago de Compostela.
No conxunto de Galicia, os axentes actuaron nun total de 23 concellos, nos que que se rexistraron 121 inspeccións, con máis de 600 persoas identificadas e 28 denuncias tramitadas.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.