As expropiacións para unir os barrios de Xuxán e Eirís aprobaranse mañá

O Concello anunciou esta mañá a próxima expropiación de terreos para construír un tramo do viario entre o barrio de Xuxán e a residencia de Santa Teresa de Journet de Eirís. A expropiación comprende 973,99 m2 por un valor de case 7.000 euros. Será aprobada na Xunta de Goberno Local de mañá.

Con esta operación a administración local conseguirá os terreos precisos para ligar a zona de Monte Mero coa rúa Lázaro Cárdena, e poderá construír o tramo faltante de vía co que reducir o tráfico da antiga estrada de Eirís e dotar o barrio dunha nova vía de entrada e saída.

Outros asuntos
O Goberno local tamén aprobará mañá o trámite da operación xurídica complementaria presentada pola Asociación Parque Ofimático 2010 para complementar a adaptación do parcelamento do Sector 10 “Parque Ofimático” ao novo ordenamento urbanístico vixente, consecuencia dunha modificación puntual no plan parcial do 22 de decembro de 2014.

Esta operación, explican desde Urbanismo, servirá para realizar pequenos axustes técnicos tanto en parcelas de equipamentos públicos como en parcelas privadas no barrio de Xuxán para desenvolver a segunda fase da urbanización e de vivendas unifamiliares previstas na zona sur do ámbito lindeiro co núcleo de Eirís Vello. Contémplase igualmente a ampliación da Avenida de Alfonso Molina e a súa afección ás parcelas de equipamento público. Deste xeito, as parcelas afectadas constarán inscritas no Rexistro da Propiedade e dadas de alta no catastro coas características que lles asigna a modificación puntual do plan parcial de 2014, que é o planeamento vixente.

“Estamos a facer cidade, unha cidade máis sustentable e dando resposta á necesidade de vivenda que hai na Coruña”, sinala a alcaldesa, Inés Rey, sobre estas dúas actuacións no barrio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s