Reformas nos campos de fútbol de San Pedro de Visma

Os campos de fútbol de San Pedro de Visma recibirán un importante investimento, dun cuarto de millón de euros, para a súa mellora. Así o notificou o Concello esta mañá. Esta semana instalouse unha marquesina lateral para protexer da choiva e do sol ao público. Ademais, o Goberno local sacará a licitación o proxecto xeral para instalar unha marquesiña que protexerá gran parte do recinto, desde as bancadas aos corredores que dan aos vestiarios.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que o Goberno que dirixe Inés Rey “escoitou as demandas dos pais e nais das crianzas que adestran e xogan nos campos de San Pedro de Visma e deulles esta solución, cun orzamento de 32.000 euros, que é un punto de partida para acabar de satisfacer as necesidades que cumprirá o proxecto xeral que está a piques de se sacar a licitación por un importe de 230.000 euros”. Desde Deportes agardan que o proxecto se licite antes de que finalice o ano para que poida ser executado durante o primeiro semestre de 2021.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s