A Xunta non concreta o investimento no hospital

O Concello trasladou hoxe o convenio marco á Xunta de Galicia co fin de impulsar de forma definitiva a construción do novo Hospital Universitario. O Goberno local, tras manter contacto directo nas últimas semanas coa administración autonómica, quere avanzar no establecemento entre ambas as administracións. Ao mesmo tempo, e co obxectivo de axilizar a sinatura, o Concello reclámalle á Xunta que achegue o anexo cos investimentos. Nunha carta remitida a María Pita o pasado venres, a Xunta comprometeuse a detallar as súas achegas económicas nun anexo. O Concello agardará agora polo devandito documento. Entende que é prioritario que se achegue coa máxima celeridade para impulsar esta infraestrutura sanitaria clave para a cidade.

O Goberno local lamenta ter agardado “durante seis meses” por un documento que concretase este aspecto. O convenio non pode asinarse sen o compromiso das dúas partes, “seguindo as conclusións dos xurídicos municipais”. A alcaldesa, Inés Rey, reiterou hoxe o seu “absoluto compromiso co proxecto” que entende  como fundamental para que a Coruña “teña o hospital que os coruñesas e coruñeses merecen”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s