Investidos máis de dez millóns de euros da Eidus

Constitución GAU

O Concello da Coruña investiu nos últimos once meses máis de dez millóns de euros da Estratexia EidusCoruña en distintas necesidades da cidade. O Goberno local asegura que en febreiro de 2020 a execución era moi baixa, o que levou a priorizar os investimentos cofinanciados pola Unión Europea para evitar perder eses cartos.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoa Neira, destacou este dato na reunión de constitución do Grupo de Acción e Participación Urbana (GAU) que acolleu esta tarde o Salón de Plenos do pazo municipal, e no que tamén participaron Juan Díaz Villoslada, director da Unidade de Execución, e Santiago Roura, director da Unidade de Xestión de EidusCoruña,  así como representantes da UDC, polígono de A Grela e Pocomaco, federacións e asociacións de veciñanza, sindicatos, Autoridade Portuaria, Anpas e da área sanitaria.

Ademais desta contía, o Goberno local salienta que a comezos de 2021 licitarase a obra de mellora do Paseo marítimo, cun orzamento de 2,14 millóns de euros, actuacións medioambientais en A Grela, por valor de 960.000 euros, melloras enerxéticas en edificios públicos, por valor de 768.000 euros, e a creación do Centro de Acollida de Baixa Esixencia, por 523.000 euros.

O GAU é o órgano de consulta, participación e coordinación social da Estratexia EidusCoruña, que preside a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira. Foi creado en xullo de 2020. Ocúpase de participar na realización dos informes de avaliación intermedia e final da Estratexia EidusCoruña e intervir na realización dos procesos de auditoría externa e interna que se levarán a cabo na implementación desta estratexia. Yoya Neira salientou ademais a función do GAU no proceso de “velar polo cumprimento dos principios transversais, especialmente a igualdade de oportunidades, ao longo da execución da estratexia”.

En materia de igualdade de oportunidades, este órgano de nova creación poñerá en marcha un procedemento de avaliación específico que finalizará coa elaboración dun informe do impacto da Estratexia integral EidusCoruña sobre a integración laboral, a educación, a formación profesional, a capacidade empresarial das mulleres e a conciliación da vida laboral e profesional. Estes informes de impacto de xénero teñen carácter preceptivo, xa que así os define a normativa europea, a estatal e a propia Instrución para a transversalidade de xénero do Concello da Coruña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s