Cincocentos anos da visita de Carlos I

A sala de exposicións municipal Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10) abre o público desde mañá a exposición ‘V Centenario de Carlos I na Coruña’, organizada pola Sociedade Filatélica e o Concello da Coruña e que permanecerá aberta ata o 29 de novembro, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas todos os días.

Deste xeito, a tradicional mostra da Sociedade Filatélica en outono volve ter como motivo central unha efeméride coruñesa, neste caso a presenza de Carlos I na cidade, da que partiu rumbo a Flandes en 1520, saíndo desde a porta do Parrote. O monarca viña de Compostela, onde negou representación propia a Galicia nas Cortes, e viaxou ata a Coruña, á que lle concedeu permiso para celebrar un mercado franco os sábados, fundamental actividade económica na época.

Na mostra expóñense 24 coleccións e pódense tamén contemplar vitrinas con documentos e moedas acuñadas nos principais dominios do primeiro dos Habsburgos españois. A mostra, así mesmo, contará co seu propio mataselos.

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, a exposición “concorda coa nosa intención de difundir e poner en valor a historia e o patrimonio da cidade, unha liña de actuación cultural que desexamos converter en prioritaria”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s