‘Non temos medo’: o Distrito Ventorrillo FS contra a violencia machista

Este é un ano diferente, pero co obxectivo de fomentar unha actitude reflexiva e crítica contra a violencia de xénero entre os máis pequenos e pequenas, o club Distrito Ventorrillo FS organiza un concurso de debuxo. Baixo a lema “Non temos medo”, os participantes poderán dar renda solta á súa imaxinación, e ilustrar a súa visión ante a violencia de xénero. O debuxo gañador será o cartel que usará o club para estimular a implicación da sociedade contra a violencia de xénero.
Con esta iniciativa buscan concienciar aos nenos e nenas de que a educación e o respecto son ferramentas fundamentais para erradicar a violencia machista. O certame vai dirixido a rapazada coruñesa con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

Todos os debuxos deberanse enviar antes das 23,59 horas do sábado 21, á dirección de correo electrónico distrito.ventorrillo.fs@gmail.com. As bases están dispoñibles na súa web.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s