
A Asociación de Veciños do Ventorrillo reuniuse onte coa concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral Cabanas, na visita da mesma ao barrio. Durante a xuntanza expuxéronlle as deficiencias da Praza Salvador de Madariaga e de Jaime Hervada. O presidente da asociación, José Ángel Souto, e unha representación da veciñanza entregáronlle á concelleira unha relación de reclamacións dos veciños do barrio. Durante a reunión acordouse unha próxima visita do concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada.
Dende a asociación din agardar “boas novas” e aseguran ter saído “moi satisfeitos pola proximidade mostrada” por parte da representante municipal.