A Hostalería volve facerse oír en María Pita

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería da Coruña organizou na tarde de onte unha cadea humana ata a Cociña Económica. Con este acto simbólico, o colectivo pechou unha xornada solidaria en que recolleu coa colaboración do Concello máis de 30 toneladas de comida para o Banco de Alimentos.

No acto participou parte da corporación municipal, incluíndo á alcaldesa, Inés Rey. A rexedora destacou o xesto do sector que volveu á praza de María Pita na que se manifestou hai unhas semanas “para doar os seus produtos coa incerteza ás costas”. Rey comprometeuse a que a hostalería sexa para o Goberno local “sempre unha das nosas prioridades”.

Pola súa banda, o presidente da asociación hostaleira, Héctor Cañete, destacou o grande esforzo realizado polas súas compañeiras e compañeiros co fin de recompilaren toda a mercadoría que non poderán preparar nos seus negocios hoxe pechados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s