Visita municipal á peonalización nos Mallos

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Comercio, Diana Cabanas, visitaron esta mañá o barrio dos Mallos para comprobaren o estado das obras de peonalización na rúa Mariscal Pardo de Cela. Rey sinalou que o tramo conformará, xunto con Ramón Cabanillas e Alcalde Marchesi, a rolda peonil na que está a avanzar o Concello e que se estenderá desde a Agra até o parque de San Diego. A rexedora e a edila xuntáronse con representantes da asociación veciñal para escoitar as súas demandas.

A actuación incluirá a construción do carril bici e a reforma das súas interseccións coas rúas Fernando Rey, Cronista Pacheco e Oidor Gregorio Tovar. Neste punto, Rey afirmou que se quixo reparar de forma urxente Mariscal Pardo de Cela por se atopar moi degradada e para lle devolver unha imaxe acorde co resto do barrio.

Cabanas destacou a harmonía que se conseguiu nesta parte dos Mallos e sinalou a intención de continuar no resto da vía. Rey engadiu que hoxe testaron coa veciñanza a mellora dunha zona para a que estudan realizar máis actuacións de cara a lle inxectar “unha maior calidade de vida”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s