O PP sobe ao coche contra a reforma educativa

O PP entra en campaña contra a Lomloe (Lei Orgánica de Modificación de Lei Orgánica de Educación), a última reforma educativa estatal que fai fincapé na realidade plurilingüe de España á hora de establecer linguas vehiculares no ensino e aposta polo ensino público fronte á formula do concertado. A Coruña foi escenario no día de onte dunha manifestación sobre rodas que tivo o seu equivalente noutras cidades españolas.

O presidente provincial do PP, Diego Calvo, xunto ao do PP local, Martín Fernández Prado, á portavoz do Grupo municipal, Rosa Gallego e o resto de concelleiros Populares participaron onte pola mañá nesa caravana. Organizada pola plataforma Más Plurales, a mobilización dirixíase contra a denominadaq “Lei Celaá” polo apelido da ministra Isabel Celaá.

O PP decidiu tamén levar o conflito ao ámbito institucional, co rexistro dunha moción que reclame “a escolla de centro educativo polos pais, a educación concertada, a educación especial” e “castelán como lingua vehicular”.

A nova lei educativa inclúe medidas destinadas a corrixir a distribución do alumnado desfavorecido entre as redes pública e concertada, así como unha limitación de repeticións de curso. Ademais, reforza o papel das autonomías no deseño da educación, e avala o modelo de inmersión lingüística para que o alumnado de autonomías con idioma cooficial adquiran competencias axeitadas nese idioma. Neste sentido, a lei sinala que o alumnado debe acabar o ensino obrigatorio cun dominio pleno de ambos os dous idiomas, segundo recorda o Goberno central.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s