Un foro analiza a situación da comunidade escolar

O Servizo Municipal de Educación, organiza o foro “A educación en tempos de pandemia”, un evento pensado para chegar a todas aquelas persoas interesadas en coñeceren como se está artellando a vida escolar neste momento tan complicado como é unha pandemia. O dito foro terá lugar no auditorio do Centro Ágora o 5 de decembro, ás 11.00 horas.

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, sinalou que obxectivo deste evento en liña e presencial é crear un espazo de debate en que as familias, a comunidade educativa e a sanitaria poidan analizar de xeito conxunto como se está a desenvolver a educación das nenas e nenos e atoparlles resposta aos problemas que se están detectando nos centros escolares durante a pandemia da COVID-19.

Trátase dunha iniciativa innovadora tanto polo seu formato presencial e virtual como por ser posiblemente unha das primeiras en reunir nun mesmo debate representantes de todos os axentes implicados no procesos educativo e sanitario. Ademais, establecerase unha liña aberta para a participación e interacción co público asistente, que poderá formular preguntas ou realizar achegas, e mesmo debates paralelos desde os seus fogares. 

Segundo as organizadoras e organizadores, a crise sanitaria provocada pola COVID 19 vén de crear un escenario moi complicado para desenvolver a escolarización das nenas e dos nenos na nosa sociedade. É necesario, apuntan, integrar as necesidades educativas, as necesidades de conciliación familiar e as necesidades dos equipos docentes e os centros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s