Volve o Nadal deportivo

A Concellería de Deportes, convoca por segundo ano consecutivo o Concurso de Nadal deportivo e creativo co fin de que as familias das Escolas Deportivas Municipais amosen as súas habilidades creativas. As bases do concurso están colgadas na páxina web municipal de Deportes: https://bit.ly/2J0W2I2.

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que formen parte do alumnado das Escolas Deportivas Municipais, incluso as da piscina de Riazor, que aínda non puideron realizar a renovación.

As candidaturas débense achegar nunha caixa xunto co formulario de inscrición. O prazo para presentalas remata o día 13 de decembro ás 14.00 horas, e débense entregar na CD Riazor, CD Torre ou no Barrio das Flores, sen necesidade de pedir cita previa. Os debuxos e os adornos expoñeranse na CD de Riazor ata o 7 de xaneiro de 2021 e o debuxo gañador será utilizado como postal de Nadal da Concellería de Deportes. Ademais, as persoas que gañen en cada unha das modalidades recibirán un agasallo desta concellería na semana do 21 de decembro de 2020.

O concurso ten dúas modalidades. A primeira, “Debuxo de Nadal”, debe ter un motivo desta época do ano e tamén deportivo, e poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos. Este ano, debido á Covid-19, cada neno ou nena deberá facer o seu debuxo na casa e entregalo nun sobre cerrado xunto co formulario de inscrición. A segunda modalidade é a de “Adorno de Nadal”, feito con material reciclado, que se pode realizar en familia e coa única condición de que unha das persoas da familia sexa das escolas deportivas do Concello da Coruña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s