Salvan a vida dunha muller de 82 anos caída ao mar

Dous funcionarios municipais salvaron esta mañá a vida dunha veciña de 82 anos que caera ao mar na dársena, ao final do Parrote. O funcionario municipal José Enrique Alcázar Sánchez-Vizcaíno lanzouse ao mar para salvar a esta muller. Varias patrullas da Policía Local e do sevizo de Bombeiros comprobaron que a señora se atopaba en parada cardiorrespiratoria. Carlos Vázquez Prego, policía municipal, comezou os exitosos traballos de reanimación que continuaron posteriormente efectivos do 061, quen trasladaron a muller ao CHUAC.


A actuación foi aplaudida ao longo da mañá por diversos axentes sociais. Este mediodía, o PP felicitou aos dous funcionarios municipais polo seu labor.

A alcaldesa, Inés Rey, valorou como unha “actuación heroica” o salvamento. “Como alcaldesa é un orgullo que foran dous funcionarios municipais, aínda que agardamos non ter que volver vivir algo así”. Ademais, Rey quixo desexarlle “unha pronta recuperación” á muller, que agora mesmo se atopa hospitalizada, e “unha mensaxe de ánimo á súa familia”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s